En 2006 creouse o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil coa intención de fomentar a creación literaria destinada especificamente ao público xuvenil.
Entre as vinte e sete obras presentadas a aquela primeira edición resultou gañadora a presentada pol escritor Jaureguizar baixo o título A cova das vacas mortas.
O Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil aumentou a súa dotación inicial de 7.500 euros até a actual de 10.000 euros, sufragados na súa totalidade pola Fundación Caixa Galicia..
O xurado está composto por cinco membros, escolleitos pola editorial entre lectores e lectoras, que deberán outorgar o premio por maioría de votos. Se así o estiman, poderán declarar o premio deserto.
As bases establecen que poderán concorrer ao certame todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente e sen limitación ningunha de extensión nin de xénero. En todo caso, os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade nin por partes, por ningún tipo de procedemento.
Todos os premios Fundación Caixa Galicia