XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Angueira, Anxo  (enviar correo)
Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor no ensino secundario e universitario.No ámbito da creación literaria ten as seguintes publicacións: Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (Xerais, 1996), Bágoas de facer illas (Xerais, 1997), Libro da Vertixe (1997), Pensa nao (Premio Xerais de Novela 1999), Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2002), A morte de A. (Xerais, 2003) e Fóra do sagrado (Xerais, 2007). No ámbito da investigación publicou De Rosalía a Dieste. 33 Anos das Letras (Xerais, 1995), La poésie galicienne de 1936 à 1990 (1999), e estudos sobre diferentes autores, coma Curros Enríquez ou o poeta berciano Fernández Morales. Un lugar central neste ámbito ocúpano Rosalía de Castro, sobre a que publicou Rosalía de Castro. Antoloxía (Xerais, 2003) e Rosalía 21 (coord., Xerais / Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, 2009), e Méndez Ferrín, do que realizou Guía de Lectura de Con pólvora e magnolias (Xerais, 1992), as edicións críticas de Poesía enteira de Heriberto Bens (Xerais, 1999) e Bretaña, Esmeraldina (Xerais, 2007) e o presente volume, que analiza polo miúdo as claves desta complexa novela.de viaxes “Terra de Iria” (2003).