XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
García Teijeiro, Antonio  (enviar correo)
Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é mestre e exerceu a crítica como especialista de literatura infantil nos xornais e revistas máis importantes de Galicia. Ten publicada unha extensa obra poética para nenos e mozos, entre a que podemos citar obras como: “Coplas”, “Nenos”, “Aloumiños”, “As catro estacións”, “Ventos” (Xerais 1992), “Cacarabín, Cacarabón”, “Poemas do Sol e da Lúa”, “Lueiro de papel” (Xerais 1995), “Na fogueira dos versos” (Xerais 1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; “Caderno de fume” (1999); “Palabras envoltas en cancións” (2000); “O que ven os ollos dos nenos” (Xerais 2001), prosa poética; e a antoloxía poética “Os nosos versos” (1997, Xerais 2003) e “Chove nos versos” (2004) . No eido da narrativa para mozos e mozas ten publicado, entre outras obras: “A chave dos soños”, “Noa”, “O cabalo de cartón”, “A teima de Xan”, “Fantasía en Re Maior”, “Sempre quenta o sol”, “Ladrándolle a lúa”, “Cara un lugar sen nome”, “En voz baixa” (Xerais, 1998), "Verbas de sal", conto incluído en “Un saquiño de contos” (Xerais 2001), “Os peixes de cores” (Xerais 2002), “Trala liña do horizonte” (2002), “Honorato, o rato namorado” (Xerais, 2007). Tamén preparou a Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1989).