 |
|
|
 |
Rei Núñez, Luís (enviar correo)
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958), xornalista de profesión e xefe de cultura da Televisión de Galicia, é autor dunha obra literaria que inclúe os poemarios A rolda invisible (1988) e Alma mareira (2003), a biografía de Rafael Dieste A travesía dun século (1987), o volume ensaístico Poetas Andantes Navegantes (1995) e un libro de xénero difuso, Imán Fisterra (1995). Xerais publicou as súas novelas: Expediente Artieda (2000, Premio Xerais), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), e Monte Louro (Premio Blanco Amor 2009).
|
| |
|
|
|