XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Bernárdez Vilar, Xoán  (enviar correo)
Xoán Bernárdez Vilar (Marín, 1936). Mestre e Licenciado en Xeografía e Historia. Traballou nunha institución de crédito. Dirixiu diversas revistas, fixo programas de radio. Como investigador ten publicado diversos traballos históricos, entre eles: Galicia no século VI a. C, segundo a Ora Maritima (1984), Premio «Galicia» da Universidade de Santiago; A etapa portuguesa de Colón na súa viaxe a Islandia, Premio Taboada Chivite (1993); Vidas paralelas. A arte ó servicio do poder: Alexandre Augusto (2001); Antes da invención de América e as descubertas precolombinas S. XV (2001). Como narrador, ten publicado: Un home de Vilameán; anatomía da Revolución Irmandiña (1975, Xerais 1988), novela Premio Alfredo Somoza de Montevideo; ¡Ouveade, naves de Tharsish! (1983); Homo sapiens (1984); Vento do norte, vento do sur (1985), Premio Casa de Galicia de León; No ano do Cometa (Xerais 1987), Premio Xerais de novela 1986; ¡Xerusalén, Xerusalén...! (1992); Big-Bang (Xerais 1996), novela Premio concello de Vilalba, (1993); e A saga da illa sen noite (2002).