XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Álvarez Cáccamo, Alfonso  (enviar correo)
Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952). Estudios de Filosofía e Letras e Maxisterio. Profesor do Colexio do ISM de Panxón. Colaborador de Faro de Vigo e de A Nosa Terra. Ten publicadas as novelas Peito de vimbio (Xerais 1988), Premio Café de Catro a Catro; As baleas de Eduardo Reinoso (Xerais 1990), Premio Xerais de novela; e O espírito de Broustenac (Xerais 1996), Premio García Barros. Como autor de relatos publicou: "Homenaxe a Trois", conto incluído no volume Sede Central. Relatos 3 (1991); O eco de Ramallón (1992); Xente de mala morte (1993), Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa; Catapulta (Xerais 1995); e Tecendo panos (2000). Como poeta publicou: Na flor do vento (1999). É autor, tamén, da Biografía de Xosé María Álvarez Blázquez (1994) e das traduccións para o galego das novelas de Xosé Mª Álvarez Blázquez Na vila hai caras novas (1993) e Enchen as augas (1995).