 |
|
|
 |
Alfaya, An (enviar correo)
An Alfaya (Vigo, 1964) estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid. A súa literatura vai destinada tanto aos lectores infanto-xuvenís como aos adultos, cultivando a narrativa e o teatro. Co-fundadora do Teatro Avento de Vigo, ten publicadas as seguintes obras: O maquinista Antón (1995, Xerais 2009); O caderno azul (Xerais 1996); ¡Sireno, Sireno! (Xerais 1997), Premio Merlín 1997; A recortada (Xerais 1999); Bua Bua Requetebua (1999); O baúl de Wensel (2000); A estrela volarina da torre colarina (2001); Down (2001); “A muller prohibida”, conto incluído en Historias para calquera lugar (Xerais 2001), A encontadora (Xerais 2003), O escuro (2003), A buguina namorada (Xerais 2003); Desventura (2003); novela para adultos; Unha xanela para Cecilia (2005); Matei un home (2005), novela para adultos, accesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; Zoa e Azor (2006), finalista do Premio Ala Delta e premio Frei Martín Sarmiento; Os seres con raíces na cara (2006); A sombra descalza (Xerais 2006), Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; e Illa Soidade (Xerais 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.
|
| |
|
|
|