 |
|
|
 |
Veiga Taboada, Manuel (enviar correo)
Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960), é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. Presentou a súa tese de doutoramento baixo o título La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de Faro de Vigo (1898-1923). Escritor e xornalista, traballa dende 1983 no semanario A Nosa Terra, do que hoxe é o seu director. Como narrador publicou As ruínas da cidade amada (1998), novela; Biografías de malogrados (2001), relatos; O exiliado e a primavera (Xerais 2004), novela pola que obtivo o Premio Xerais 2004; Lois e Helena buscándose un día de tormenta (2006), novela, Premio Manuel García Barros 2006 e O profesor de vegliota (Xerais 2008), novela. Publicou, ademais, o ensaio O pacto galego na construcción de España (2003).
|
| |
|
|
|