XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
González Boullosa, Palmira  (enviar correo)
Palmira G. Boullosa (Palmira González Boullosa) é mestra e espeialista en literatura de tradición oral. Os seus primeiros libros foron dedicados a recompilación do folclore infantil: Adiviñas (1985), Mentiras (1986), Arrolos (1986) e ¿Quen panda? (1986), tarefa que completaría con Cando o rei por aquí pasou (Xerais 1997). Ten publicado ademais: A princesa Lúa e o enigma de Kián (1988), novela, premio Merlín 1987; Brandón, fillo de Ferreol (Xerais 1993), que formarán parte dunha triloxía que concibiu baixo o título de Triloxía de Cumiodouro, na que traballa na súa última entrega Brixit e Xeneva. Como poeta publicou Asoldamente, o teu nome (1992), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.