XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Pena Sánchez, Xosé Ramón  (enviar correo)
Xosé Ramón Pena (Betanzos, 1956) é autor de diferentes títulos de ensaio –Manuel Antonio e a vangarda (1996), Xograres do mar de Vigo (1998) ou Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002)- e de ficción –Para despois do adeus (1987), A era de Acuario (1997), Fado de princesa (2005) ou A batalla do paraíso triste (2008)-. Dirixe o suplemento Faro da Cultura, e é columnista do Faro de Vigo. É autor das edicións de Na noite estrelecida (1987), Da Terra asoballada (1989) e, en colaboración con X.Mª Dobarro, da Poesía galega completa de R. Cabanillas (2009).