 |
|
|
 |
Neira Cruz, Xosé A. (enviar correo)
Xosé A. Neira Cruz (Santiago de Compostela, 1968), licenciado en Filoloxía italiana e doutor en Ciencias da Información (sección de xornalismo). Profesor da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago. Colaborador habitual da prensa, escribiu guións para diversas emisoras de radio e para a Televisión de Galicia. Foi redactor da revista Tempos e na actualidade dirixe a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana e a colección Ala Delta da editorial Edelvives. Publicou as seguintes obras: Ó outro lado do sumidoiro (Xerais 1989), Premio Merlín 1988; Melanio e os paxaros (1990); Os gatos de Venecia, (1993); O gato meu (1993); Vaiche boa (1994); As porcas porquiñas (1997); Valdemuller (1998), Premio Barco de Vapor 1998; As cousas claras (Xerais 2000), Premio Merlín 2000; A memoria das árbores (2000); A caixa do tesouro (2001); O home máis rico do mundo (2001); María está a pintar no mar (2001), Un agasallo inesperado, conto incluído en Contos para levar no peto (Xerais 2001) e Sopa de xarope de amora (Xerais, 2010), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2010. É tamén autor dos volumes da serie "Así viviu": Así viviu Rosalía (Xerais 1996); Así viviu Castelao (Xerais 1996); Así viviu Paio Gómez Chariño (Xerais 1997); Así viviu Ánxel Fole (Xerais 1996).
|
| |
|
|
|