 |
|
|
 |
Fernández Paz, Agustín (enviar correo)
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947). Autor dunha longa obra narrativa en lingua galega, na súa maior parte traducida a todas as linguas ibéricas, o seu labor creativo céntrase no eido da narrativa infantil e xuvenil. Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2003, Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao Autor do Ano 2008. Publicou as seguintes obras dirixidas a público xuvenil: Rapazas (Xerais 1993, 2003), contos; Trece anos de Branca (1994), novela, Premio EDEBÉ de literatura Xuvenil 1994; Cartas de inverno (Xerais 1995, 2007), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil de 1995; Amor dos quince anos, Marilyn (Xerais 1995, 2001), contos; O centro do labirinto (Xerais 1997), novela; Aire negro (Xerais 2000, 2009), novela, Lista de Honra do IBBY 2002 e Premio Protagonista Jove 2001; Noite de voraces sombras (Xerais 2002), novela; Tres pasos polo misterio (Xerais 2004), relatos, Corredores de sombra (Xerais 2006), novela, O único que queda é o amor (Xerais 2007), relatos, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, Lúa do Senegal (Xerais 2009), álbum A dama da Luz (Xerais 2009) e Valados (Xerais 2009).
|
| |
|
|
|