Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos.
Os dous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un estudo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona.
Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar.
Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade.
Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten no encaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca.
Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público: o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestas…
Un apartado especial son as rutas para coñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como a arqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro.
Este Caderno do Profesorado de Educación Primaria, preparado por Teresa Barros Castro, José Manuel García Yanes e Natalia Roibás Blanco, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría nos tres ciclos da Educación Primaria.
O Caderno do Profesorado de Educación Primaria inclúe:
- Datos persoais e do Centro.
- Follas de horario do grupo e do titor ou titora.
- Calendarios 2010 e 2011.
- Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa.
- Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado.
- Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, entrevistas familias, seguimento e notas de áreas e outras observacións.
- Fichas de avaliación para recoller a descrición de traballos, exercicios e notas de clase.
- Fichas de avaliación para rexistrar a valoración de traballos, exercicios e notas de clase.
- Páxinas para recolle rnotas de reunións.
- Modelos de recollida de información para as familias.
- Modelos de convocatorias para reunións e entrevistas coas familias.
Este Caderno do Profesorado 2010-2011, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria.
O Caderno do Profesorado 2010-2011 inclúe:
- Datos persoais e do Centro.
- Follas de horario do grupo e do titor ou titora.
- Calendarios 2010 e 2011.
- Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa.
- Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado.
- Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas.
- Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.
Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009).
A partir dunha introdución teórica que desvela as claves da reformulación dos referentes populares tradicionais no período temporal escollido, seis traballos analizan as obras máis salientábeis que responden a eses criterios nas literaturas que abrangue o marco ibérico e tamén no ámbito iberoamericano. O volume complétase cunha selección de obras, que recolle un total de cen títulos, e mais cunha bibliografía descrita que acolle algunhas das achegas máis relevantes en relación coa literatura popular, cuxo obxectivo é facilitar o labor das persoas encargadas da mediación á hora de se achegar a este tema.
Cada un dos traballos vai escrito na lingua de procedencia ou da elección dos autores, co cal se pretende dar a coñecer as linguas do marco ibérico e iberoamericano. Só se traducen ao galego, por se editar en Galicia o libro, os orixinais vascos, pola dificultade de comprensión que ofrece esta lingua non románica, así como os apartados xerais do libro.