Número de libros encontrados: 1436
Palabras de Caramelo (Galego)
Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou...
Desmentindo a primavera
Desmentindo a primavera pode lerse como a memoria dunha casa, de tantas casas de Galicia, onde o lume estivo prendido ininterrompidamente desde mediados do século XV ata finais do XX, en que os libros turran polos fillos para fóra da casa e do lugariño...
Obra narrativa de Celso Emilio Ferreiro
Obra narrativa contén os dous únicos libros de ficción en prosa que publicou Celso Emilio Ferreiro, agora reunidos nun único volume: A ftonteira infinda (1972) e A taberna do galo (1978)...
Antoloxía da lírica galego-portuguesa
Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval...
Derradeira escolma ferida
Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove, 1990)...
Ota quere voar
Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan...
O galo avisado e o raposo trampulleiro
Pola mañanciña dun día de verán de moito abafo estaba o galo Quirico e mais un rebaño de galiñas peteirando á sombra dun carballo. Nestas viron vir cara eles un raposo...
Dicionario galego dos nomes
Este dicionario proporciona o máis amplo coñecemento sobre os nomes galegos de persoa e as súas traducións ás principais linguas do noso contorno...
Casa Skylab
Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas...
Irmán do vento
"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos...
Tic Tac
Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos"perturbadora", "patética" e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas...
O coche de carreiras
Paquiño o galo, Xan o rato e Bartolo o gordecho sempre están dispostos a divertirse en Mulebap: montando en bicicleta, baixo unha fervenza ou descubrindo tesouros no vertedoiro...
Guía dos Castelos medievais de Galicia
Este libro, "Guía dos castelos medievais de Galicia", escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar os castelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios do país e símbolo do poder feudal, sendo a súa historia é reflexo acaído do medievo galego...
Os nosos versos
Poemas escritos para denunciar inxustizas, iluminar sombras, reivindicar vellos soños, expresar amor ou desamor, recrear lembranzas de infancia ou plasma-lo estado de ánimo en relación coa paisaxe, que invitan ó lector a comparti-lo arraigamento das terras gallegas e o sentir das súas xentes, a segui-los pasos de todos aquelos que fixeron da poesía un xeito de vida...