Número de libros encontrados: 62
Analfabeta
Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome...
Sete dentes de león
Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.
Luísa Villalta. Alma de violino
Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu os vimbios dunha sociedade equitativa e igualitaria...
Unha unicornia
Estrela é unha unicornia á que lle encantan as nenas: todo no seu cuarto está decorado con imaxes de pequenas humanas. Cumprirá o seu soño de coñecer unha nena de verdade algunha vez?
Violeta ás agachadas
A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña...
O corazón dos paxaros
«O corazón dos paxaros» é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles...
Moita froita
A profe Lola/ trouxo froita para a escola... Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simple e rimado para recoñecer as froitas e as súas cores e aprender como se denominan en galego, portugués, castelán e inglés...
O libro grande dos números pequenos
Osos e caracois, planetas e flores, corazóns e barcos desfilan por este libro para primeiros lectores, cheo de cor e sorpresas. Divertidas rimas de números para contar do un ao vinte, do dereito e do revés...
(Non) A todas as nenas lles gusta o rosa
A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas...
Oso banda
Á Oso banda só lle gustan as cousas brancas e negras. Ou iso parece... Un conto de humor sobre como facer equipo.
As mulleres que cultivaban néboas
Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito...
Axente Riciños: Misión Princesa
Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga...
Gaivota gourmet
Á gaivota Mori encántalle comer sempre no mesmo restaurante: o patio do cole! Un conto de humor sobre como nos alimentamos.