Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 214

A cazadora de estrelas

María Canosa

Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz...

Avións de papel

Xavier Estévez

Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo...

O sombreiro do mago

Ánxeles Ferrer

Había una vez un mago chamado Cornelio que tiña un circo. En cada función saían do seu sombreiro de copa os obxectos máis abraiantes. Un día, sentado na herba, quedou durmido, chegou un paxaro e levou o sombreiro...

Animalario cotián... entre irmáns

María Sánchez Lires

Aos nosos irmáns querémolos, pero ás veces en vez de chamalos polo seu nome, facémolo co dun animal: Osiño Xeitosiño, Bolboreta Requetecoqueta.....

Todo o tempo do mundo

David Pérez Iglesias

Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo...

Poemar o mar

Antonio García Teijeiro

"Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra...

Manuel María. Vida, versos e rebeldía

Manuel Veiga Taboada

Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista...

Esmeraldina, a pequena defunta

Ledicia Costas

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial...

Autor/a da semana

Pauliño é un cabalo

Raúl Dans

Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe e de momento nin anda nin fala. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros...

Quen dá a quenda?

Héctor Cajaraville

Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias...

O día que choveu do revés

María Canosa

O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes...

Vaite xa!

Marcos Viso

Oso ten que ir na procura dun traballo mellor, xa non venden cenorias abondas no mercado. Comezar de cero é arriscado, mais non hai outra solución. Ten que deixar atrás a Osa e a Osiña...

Nena e o mar

Erica Esmorís

Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada...

O lapis de Rosalía

Antón Cortizas

Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez...

O rato avó e o muraño

Oli

O rato Benxamín e o muraño Rosendo son grandes amigos, xogan a subir montañas, a explorar bosques misteriosos, a... Os pais do muraño Rosendo teñen que traballar ata moi tarde...

A rula, o peluche e a nena

Paco Martín

Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña...