Número de libros encontrados: 357
Protoevanxeo do neto de Herodes
Con Protoevanxeo do neto de Herodes, Bernardino Graña, logo dunha longa e riquísima traxectoria literaria, ofrécenos a súa primeira novela, gañadora do IIº Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa...
Tres segundos de memoria
Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado...
dz ou o libro do esperma
A intención argumental de dz ou o libro do esperma de Samuel Solleiro é a de problematizar e mesmo anular o concepto de masculinidade entendida sobre todo, pero non unicamente, a través do elemento sexual e paralelamente e en consecuencia, asasinar o propio suxeito (sexuado, canónico) construído pola modernidade occidental...
O club da calceta
Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala...
Pepa A Loba
Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia...
Os libros arden mal
O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio...
Se buscabas un deus
Se buscabas un deus, a nova novela de Xabier Quiroga, non é exactamente a continuación de Atuado na braña, nin sequera -por moito que deixe resoltas as súas incógnitas- o seu complemento...
Home sen nome
Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria...
Fortunato de Trasmundi
Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parroquias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, historias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodia do tempo e da sociedade que vivimos...
O cidadán do mes
O punto de partida d' O cidadán do mes é o electrizante encontro entre o detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido misteriosamente...
Aguillóns de Ortegal
Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, que atrapa ao lector coa intriga dun argumento ben dosificado e un estilo áxil que caracteriza ao autor...
Herba moura
"Herba Moura" de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil -nunha perspectiva inédita do filósofo- e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam...
Vidas senlleiras
Coa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino...
Cándido Branco e o Cabaleiro Negro
Cándido Branco xa estaba canso de camiñar, e decidiu pasar a noite ó raso por aforrar o diñeiro da pousada e a fatiga de chegar a ela. Escolleu un sitio que lle pareceu xeitoso, ó abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba...