Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao e a UXT na Guerra Civil; a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra; o Consello de Galiza e a JSUN; o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio; a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento; a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP.
Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao e a UXT na Guerra Civil; a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra; o Consello de Galiza e a JSUN; o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio; a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento; a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP. En todo isto, Luís Soto foi parte protagonista.
O autor acudiu ao fondo Luís Soto (no Arquivo Histórico Provincial de Ourense), practicamente inédito, para realizar unha biografía que se botaba en falta. Xurxo Martínez González incorpora ao libro nova documentación sobre o exilio, o nacionalismo ou a revista Vieiros. Outros arquivos, co descubrimento de novos papeis, completaron unha obra necesaria para comprendermos mellor a esquerda, o exilio en México, a cultura e o nacionalismo galegos.
Unha peza imprescindible para encaixar a historia máis recente.
Colección
CRÓNICA
Código
1345128
I.S.B.N.
978-84-9914-314-9
Publicación
02/11/2011
Clasificación IBIC
BGH
Formato
Papel
Páxinas
264
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor/a
Xurxo Martínez González
Xurxo Martínez González (Coia,Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no Rexurdimento, no provincialismo e na cultura galega do século XIX, con distintas publicacións e artigos. Autor de varios libros, en Xerais publicou "Luís Soto. A xeira pola unidade galega" (2011) e "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (2018), escrito con Emilio Xosé Ínsua. Colaborador habitual na prensa escrita e dixital, premiado en certames poéticos e narrativos, tamén realiza labores como guía literario-cultural por Vigo. Traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela.