Número de libros encontrados: 104
Verso e acorde
Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936? Como naceu a música infantil galega? Onde se sitúan as orixes do pop galego? Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta? Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa? Como é a literatura galega musicada? Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria? Que pegada deixou a canción protesta e social na música galega e nos seus textos? Que papel xogou a censura na divulgación musical e poética? Cal será a influencia do canon literario na hora da escolla dos textos que se musican e viceversa? Que supuxo para a música e a poesía galegas a eclosión do pop e a popularización do disco vinilado cara a finais dos anos 50? Que papel terá a creación musical na divulgación da literatura galega? A rigorosa e interesantísma investigación realizada por Alberto Pombo para «Verso e acorde» dá resposta a estas interrogantes e deita moita luz sobre as relacións entre a lite-ratura e a música galegas...
Unha gorxa chea de paxaros
Neste libro disco Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Neste ano 2024, Os Carunchos celebran o seu trixésimo aniversario: trinta anos de música en galego...
A casa do amo
A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo»...
As matemáticas máis sorprendentes
O leitmotiv deste libro son os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro...
As peregrinacións a Compostela
Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia...
Nenas transgresoras na LIX
«Nenas transgresoras na LIX» é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano»...
Inventos
Os romanos tiñan neveiras? Dende cando hai billas? Coas preguntas enxeñosas e as respostas rápidas deste libro aprenderedes moitos detalles e curiosidades sobre os inventos...
Que pasa co galego?
O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?...
Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia
A pandemia arrasou as vidas e as economías, deixounos unha sociedade máis vulnerable e, como herdanza, a Covid persistente. Algúns quixeron relativizar o impacto, pero outros tentamos axudar a combater o virus...
Da calzada ao casco vello de Vigo
Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende onde se ergueron as antigas murallas do século XVII e cara ao leste, onde se xuntaron as parroquias históricas de Santiago de Vigo e Santa María de Vigo, houbo moita actividade humana dende hai máis de dous mil anos...
O cento voando
O libro que tes nas mans xorde dun impulso, dunha necesidade de pór en común algo que non é novo, pero do que se escribiu pouco. Aquí encontrarás paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e amigues; metaamores que rexeitan o termo para reivindicar o seu propio lugar; apostas políticas nas convivencias interxeracionais; cuestionamentos dos privilexios e do desexo entendido como un construto social; análises da relación entre monogamias e capitalismo ou exposicións dos conflitos e dificultades diarias a que se enfrontan as persoas que apostan por unha vida poliamorosa transfeminista...
A historia de España baseouse en falacias
Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX...
Os corpos inscritos e os textos escritos
O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto que conformación sexual cultural e en tanto que tecido (téxtil), fixo recaer ou axudou a atribuír a condición subalterna sobre a conformada feminidade...
Tac tac tac
"Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo...
Visións de Darwin
Charles Darwin é, por dereito propio, unha das grandes figuras da historia da ciencia. A súa teoría da evolución por selección natural significou un cambio fundamental no mundo da bioloxía e noutros campos das ciencias sociais...