Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 36

Nenas transgresoras na LIX

Red Temática de Investigación "LIJMI"

«Nenas transgresoras na LIX» é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano»...

Que pasa co galego?

Fernando Ramallo

O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?...

A historia de España baseouse en falacias

Francisco Calo Lourido

Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX...

A materialidade das fillas de Lupa

Inma Otero

Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas...

O libro negro da lingua galega

Carlos Callón

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos...

A defunción dos sexos

Daniela Ferrández Pérez

A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos...

Á volta do tempo

Aurora Artiaga Rego

Este libro ten unha razón de ser tan simple como esencial: a de reunir contribuíntes que, sendo profesores e profesoras nas universidades, presentaron no seu momento teses de doutoramento dirixidas por Ramón Villares...

Dicionario da nova literatura galega

Xesús Alonso Montero

Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936...

Autor/a da semana

Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora

María Reimóndez

Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a outras, senón porque do seu traballo tradutor tamén se desprende unha ampla polifonía...

De provincia a nación

Justo G. Beramendi

De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade...

Narrativa e imaxinario nacional

Mario Regueira

A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo...

Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)

Xosé Abilleira Sanmartín

Evaristo González Fernández (Sela, Arbo, 1917-1994), «Evaristo de Sela», ocupa un posto moi relevante na historia das Letras galegas, nomeadamente como tradutor ao galego da «Ilíada» (1990) e da «Odisea» (1992), así como doutros textos moi significativos da poesía neohelénica...

Rexurdimento: a palabra e a idea

Anxo Angueira

«Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea...

Historia da Literatura Galega IV

Xosé Ramón Pena

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I...

Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)

Xulio Carballo

No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada. Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro...

Bolxeviques 1917-2017

Teresa Moure

En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dos acontecementos deste século pode interpretarse en relación ao impacto internacional deses ideais revolucionarios e á forma como se puxeron en práctica: aliñamento de países e guerra fría, competitividade entre o bloque socialista e o bloque capitalista, enfrontados no campo ideolóxico mais tamén no tecnolóxico e no militar...